Receitas Coren

Risotto de agulla de Tenreira Galega

Tiempo de preparación: 45 minutos

Comensales: 3/4 persoas

Nivel: medio

Un risotto moi saboroso acompañado de carne de Tenreira Galega e hortalizas.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 750 g de agulla de Tenreira Galega
  • 500 g de arroz arbóreo ou carnaroli
  • 150 g de chícharos
  • 1 manchea de espárragos trigueiros verdes
  • 1 cebola grande
  • 3 dentes de allo
  • 1 cullerada de tomiño
  • Queixo parmesano
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa

Preparación

1.Comezarase por facer a base do risotto, para o que se cortará a cebola e o allo para facer un sofrito na tixola.

2.Ao mesmo tempo, mentres se fai o sofrito, cortarase tamén a tenreira en cadrados e porase a cocer sobre uns 20 minutos, o que fará que estea máis branda e zumenta para o risotto, aproveitando tamén o caldo da carne como fumet.

3.Unha vez que o sofrito estea dourado, engadiranse os anacos de carne xunto coa cullerada de tomiño e unha pouca pementa, deixando que se mesture todo uns minutos cun chorro do fumet preparado previamente.

4.Agora é o momento de pór o arroz especial para risotto e remexer todo ben.

5.O fumet que se engadira desaparecerá en pouco tempo, así que haberá que engadir máis fumet para que se vaia facendo o arroz. É importante telo a man, xa que este tipo de arroz consome bastante auga.

6.Cortaranse os espárragos trigueiros ao gusto e engadiranse xunto cos chícharos. Tamén se engadirá sal ao gusto.

7.Deixarase cociñar a lume lento, vixiando que non quede sen auga ou se pegue. Pódese deixar arredor de 20-25 minutos, dependendo da potencia e tendo en conta que unha vez que se apaga o lume, hai que o deixar repousar 5 minutos.

8.Se se quere, unha vez que estea case listo, pódese engadir un pouco queixo parmesano raiado. Daralle un toque delicioso.

Presentacion

Pódese servir o risotto nun prato medio fondo se se quere que quede caldoso.