Receitas Coren

Risotto de polo de Curral con cogomelos

Tiempo de preparación: 40 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: medio

O risotto de polo é un dos xeitos máis ricos de cociñar este prato italiano tan saboroso. Explicámosche como o facer de maneira sinxela.

Receita de Elena Boso Quintas do Restaurante Vila Real. Rúa Vila Real, Ourense.

Ingredientes

  • 2 peitugas de polo de Curral
  • 2 cebolas medianas
  • 500 gr de cogomelos de cardo
  • 2 cuncas de arroz carnaroli ou bomba
  • 1 vaso de viño branco
  • Caldo de polo de Curral
  • Queixo parmesano raiado
  • 150 ml de nata
  • Pementa negra
  • Sal
  • Aceite de oliva

Preparación

1) Elaboraremos un caldo de polo e manterémolo a lume suave e quente.

Podes deixalo preparado da noite anterior; é moi sinxelo: carcasa de polo, á, cebola, porro, cenoria, auga, viño branco, pirixel e unha chisca de sal.

Acórdate de sofritir primeiro as verduras, engadir o sal, acto seguido o polo, o viño e deixalo cocer todo con auga ata que o caldo estea no seu punto.

2)Nunha tixola, engadiremos a cebola previamente pelada e picada finamente ata que comece a dourarse para incorporar os cogomelos.

3) Refogaremos e incorporaremos os taquiños de peituga con sal e pementa ao gusto e deixaremos que se cociñe todo.

4) Incorporaremos o arroz e remexeremos ata que os graos se volvan transparentes.

5) Botaremos o vaso de viño branco e mesturaremos todo ben.

6) Pouco a pouco, incorporaremos o caldo de polo cun caciño e remexeremos constantemente para que o arroz desprenda o amidón que lle dá sabor e textura ao risotto. Farémolo durante uns 18/20 minutos ata que o arroz estea tenro.

7) Como toque final engadiremos un chorro de nata e unhas tres culleradas contundentes de parmesano raiado.

Presentacion

Podemos servir nun prato un pouco de risotto e decoralo con finas láminas de parmesano.

O resultado é espectacular!