Receitas Coren

Rolos de solombo de pavo con salsa rosa

Tiempo de preparación: 25 min

Comensales: 3 persoas

Nivel: fácil

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 600 g de solombo de pavo
  • 1 cabaciña
  • Sal
  • Aceite de oliva
  • Para a salsa rosa: 1 ovo, 150 g de aceite de oliva, 2 culleradas de ketchup, ½ cullerada de salsa perrins, ½ cullerada de brandy, sal e pementa.

Preparación

1.Prepararase primeiro a salsa rosa. Para tal fin, engadiranse nunha cunca ou nun vaso de batedor os ingredientes citados anteriormente e triturarase todo ata que quede unha mestura homoxénea. Unha vez que a salsa estea lista, reservarase e continuarase coa preparación da receita.

2.Cortarase o solombo en tiras delgadas, arredor de 8/9 cm e faranse rolos pequenos ata onde dea o corte do solombo.

3.Unha vez cortados, sazonaranse e envolveranse cunha tira de cabaciña (previamente cortada) e fritiranse nunha tixola cun pouco de aceite de oliva.

Presentacion

Pódese presentar o prato cos rolos no centro, unha tira fina de salsa rosa derredor e unha ensalada de agróns acompañando como gornición.