Receitas Coren

Rosbif de Ternera Gallega

Tiempo de preparación: 60 minutos

Comensales: 6 persoas

Nivel: medio

Receita elaborada polo equipo de Coren

Receita elaborada polo equipo de Coren

Ingredientes

  • 2 Kg de lombo de Ternera Gallega
  • Pementa negra
  • Viño branco
  • Allo
  • Pirixel
  • Sal
  • Aceite de oliva
  • Vinagre

Preparación

1. Nunha bandexa de forno, poremos o anaco de Ternera Gallega atado cun cordel de cociña en redondo para que teña unha mellor presentación.
2. Adobarémolo con allo, pirixel e sal machucado xunto á pementa acabada de moer.
3. Acto seguido, regarémolo con aceite, vinagre e viño branco.
4. Poremos o forno a quecer a uns 200º e introduciremos o rosbif; deixaremos que se faga durante 50 minutos aproximadamente procurando que estea torrado por fóra e rosado por dentro.
5. Cando o saquemos do forno, colocarémolo nunha táboa e cortarémolo en filetes finos.

Presentacion

Podemos acompañar o rosbif de tenreira cun puré de castañas, por exemplo, ou con algúns vexetais. Tamén podemos aproveitar o zume do asado para acompañar a carne. Daralle un toque saboroso e substancioso.