Receitas Coren

Sancocho de polo de Curral

Tiempo de preparación: 80 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: MEDIO

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 polo de Curral
  • 2 mazarocas de millo
  • 2 cenorias
  • 2 porros
  • 1 anaco de cabaza
  • 4 patacas grandes
  • Olivas sen oso
  • 1 rama de coandro
  • Caldo de polo
  • Sal

Preparación

1) O primeiro será cortar o polo en anacos. Para que sexa máis doado, colocarase o polo coa peituga cara arriba sobre unha táboa para cortar, separaranse as dúas patas do polo e, unha vez cortadas, dividirase a pata do zanco. O seguinte será pór o polo coa peituga cara abaixo e cortala xunto á á para separalas acto seguido.

2) Unha vez que o polo estea en anacos, farase o mesmo cos vexetais: as mazarocas, cenorias e porros en toros, a cabaza en tacos cadrados e as patacas déixanse enteiras.

3) Nunha pota, porase o polo en anacos cos vexetais e engadirase caldo de polo ata cubrilo. Botaráselle unha chisca de sal e cocerase todo ata que o polo estea tenro (25 minutos aproximadamente).

Presentacion

Nun prato cun pouco de profundidade, acompañaranse os anacos de polo coa gornición e regarase por riba co caldo de polo.