Receitas Coren

Tacos de pavo con salsa picante

Tiempo de preparación: 30 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: fácil

A carne de pavo é moi tenra e ideal para combinar con salsas, sobre todo se son caseiras.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 600 gr de solombo de pavo
  • 300 gr de arroz basmati
  • Salsa picante: 200 g de xalapeños, 1 dente de allo, 1/2 cebola, 400 ml de tomate natural triturado, 1 cullerada de vinagre e 2 culleradas de sal.
  • Sal
  • Aceite
  • Pirixel

Preparación

1.Comezarase por preparar a salsa picante picando o dente de allo e a cebola.

2.Mesturarase o allo, a cebola e os xalapeños xunto coa salsa de tomate e triturarase todo ben ata que quede unha mestura homoxénea.

3.Botarase a mestura na tixola e cociñarase a lume baixo durante 10 minutos engadindo o vinagre e o sal.

4. Unha vez que a salsa estea feita, apagarase o lume e reservarase a salsa.

5.Porase a auga a ferver nunha pota para cociñar o arroz. Entrementres, cortarase o pavo en tacos, aliñarase con sal e pirixel e comezarase a saltealo nunha tixola á par que se engade o arroz e se deixa que ferva durante 12 minutos aproximadamente.

6. Cando os tacos de pavo estean case listos, baixarase o lume e engadirase a salsa picante. Pódese engadir por riba ou poñela á parte por se a alguén non lle gusta o picante.

7.Cando o arroz estea cocido, retirarase a pota do lume para o colocar en tres moldes e acompañar o prato dun xeito orixinal.

Presentacion

Nunha bandexa alongada, colocaranse os tacos de pavo aliñados coa salsa picante e o arroz coa forma do molde.
Pódese engadir algunha herba aromática para decorar.