Receitas Coren

Tosta de pan de centeo, ovos de Curral, aguacate e piñóns

Tiempo de preparación: 20 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: fácil

Coñeces os nosos ovos de Curral? Ovos frescos, de cor intensa, saborosos e, sobre todo, naturais. Traémosche un aperitivo sinxelo e delicioso.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • Pan de centeo
  • 1 aguacate
  • 2 ovos de Curral
  • Piñóns
  • Sal en escamas

Preparación

1.Podemos empezar fervendo os ovos nunha cazola. Como non queremos que estean cocidos de todo, deixarémolos arredor de 7 minutos para que poidan desprender un pouco de xema.

2.Mentres ferven os ovos, prepararemos o aguacate. Podemos ter o aguacate cortado ou en lascas. Tamén se pode triturar e poñer nunha cunca, tipo guacamole. Nós optamos por facelo en lascas.

3.Torraremos o pan de centeo para lle dar un toque crocante e montaremos a tosta.

Presentacion

Sobre o pan torrado colocaremos o aguacate e enriba os ovos en lascas e un pouco de sal en escamas. Se lle queres dar un toque diferente, engade uns piñóns salteados.