Receitas Coren

Xarrete de Ternera Gallega con níscaros

Tiempo de preparación: 45 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: medio

Se queres gozar dun bo guiso, ofrecémosche esta deliciosa receita.

Receita elaborada polo equipo de Coren

Receita elaborada polo equipo de Coren

Ingredientes

  • 1 Kg de xarrete de tenreira
  • 1/2 Kg de níscaros
  • 1 vaso de caldo de carne
  • 1 cebola grande
  • 1 tomate maduro pelado
  • 2 dentes de allo
  • Pirixel
  • Sal
  • Aceite de oliva

Preparación

1. Cortaremos a carne en anacos para guisar e, nun morteiro, machucaremos allo, pirixel e sal para adobar a carne.
2. Nunha cazola, poremos o fondo de aceite, incluiremos a cebola (previamente picada) e cando esta estea transparente, engadiremos a carne.
3. Refogarémola ata que colla cor e, a continuación, porémoslle o tomate pelado e picado.
4. Deixaremos que se faga todo durante 5 minutos e acto seguido agregaremos os níscaros, o viño branco e o caldo.
5. Con 20 minutos máis de coccións, estará preparado para degustar.

Presentacion

Podemos servir o guiso nunha fonte alongada e acompañalo dun arroz fervido ou unhas verduras.