Receitas Coren

Zanco de pato confitado

Tiempo de preparación: 80 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: Fácil

O confitado é unha técnica usada sobre todo ao cociñarmos carnes. Neste caso, ensinámosche como preparalo cuns gorentosos zancos de pato.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 3 zancos de pato
  • 1 cebola
  • 2 culleradas de azucre moreno
  • 1/4 de vaso de coñac
  • 1/2 vaso de viño tinto
  • Pirixel fresco
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe extra

Preparación

1.Comezarase por preparar a cebola confitada. Para tal fin, partirase a cebola á metade e cortarase en xuliana. É mellor escoller unha cebola doce xa que facilitará a caramelización.

2.Nunha tixola cunha cullerada de aceite de oliva, mesturarase a cebola co azucre moreno e deixarase facer a lume baixo, remexendo de cando en vez.

3.Cando a cebola comece a se pór un chisco brillante, poderase engadir o coñac. Se che gusta, tamén lle podes botar un chorriño de salsa de soia para lle dar un toque diferente. Cando estea ben pochada, apagarase o lume e reservarase a cebola caramelizada.

4.Agora é o tempo de enfornar os zancos. Acenderase o forno a 180º e, pasados 5 minutos, introduciranse os zancos na bandexa baixando a temperatura a 150º e deixando que se fagan arredor dunha hora.

5.Pasados 30 minutos, daráselles a volta regándoos cun chorriño de viño tinto.

6.Cando os zancos estean cociñados, apagarase o forno e botaráselles a cebola caramelizada por riba para que se impregnen ben coa salsa.

Presentacion

Pódese presentar o zanco de pato coa cebola caramelizada por riba e acompañalo dun puré de patacas como gornición.