Receitas Coren

Xamonciños de pavo asados con verduras ao vapor

Tiempo de preparación: 80 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: fácil

Un prato lixeiro, dixestivo e acompañado dunha deliciosa gornición de verduras.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 4 xamonciños de pavo
  • 2 cenorias
  • Un saquiño de espárragos trigueiros
  • 1 cabaciña
  • Media cabaza
  • Sal
  • Pirixel
  • 4 dentes de allo

Preparación

1. Porase o forno a quecer a 180º mentres se sazonan os xamonciños de pavo. Pódense sazonar con allo e pirixel, esmagándoos previamente nun morteiro.

2. Unha vez que estean listos, botaranse un par de culleradas na bandexa do forno e colocaranse os zancos para asar durante 45 minutos aproximadamente, baixando o lume a 150-160º. Se che gusta, podes facer unha cama de cebola antes de pór os xamonciños. Daralle un toque saboroso e substancioso.

3. Nunha pota, porase auga a ferver e picaranse as verduras como máis guste, neste caso, en taquiños. Deixarase ferver o tempo necesario e mentres, pasaranse pola tixola os espárragos trigueiros, cortados tamén previamente.

Presentacion

Presentarase o xamonciño cun pouco da gornición de verduras nunha beira.