Receitas Coren

Zanco de polo de Curral asado con gornición

Tiempo de preparación: 80 minutos

Comensales: 2/3 persoas

Nivel: medio

Hoxe, enseñámosvos como cociñar muslo de polo de Curral asado acompañado dunha deliciosa guarnición de verduras

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • -4 zancos de polo
  • 4 patacas grandes
  • 1 cebola grande
  • 1 pemento vermello
  • Tomates cherry
  • 2 dentes de allo
  • Sal
  • Pementa negra
  • Ourego
  • Pirixel
  • Aceite de oliva virxe extra
  • 1/2 vaso de auga
  • Viño branco (opcional)

Preparación

1) O primeiro será preparar a base para o polo na bandexa do forno. Comezarase cortando a cebola en xuliana e pondo enriba as patacas. Pódese cortalas en tiras ou estilo panadeira. Como van ao forno, recoméndase que sexan panadeiras para que asen mellor.

2) Botarase o vasiño de auga enriba da mestura para que non se pegue a gornición no forno.

3) Cortarase o pemento vermello en tiras para poñelo por enriba, os tomates cherry á metade e, por último, os allos (pódense botar os dentes enteiros ou partidos á metade).

4) Pór o forno a prequecer a uns 220º.

5) Botaráselle sal e pementa a todo ben ao gusto (aceite de oliva, sal, pementa negra). Se che gusta, pódeslle pór un toque de ourego, aínda que tamén se poden usar outras herbas como o romeiro, o tomiño, etc.

6) Por último, colocaranse os zancos sobre a gornición (e botando de novo sal e pementa ao gusto).

7) Colocarase a bandexa no forno e deixarase aproximadamente unha hora a 180º.

8) Cando queden 10 minutos, e se che gusta o sabor do viño branco, pódese botar un chorriño na bandexa. Daralle un toque diferente.

Presentacion

Pódese servir en cada prato unha base de gornición e pór enriba o zanco de polo.