Receitas Coren

Zancos de polo de Curral con viño e champiñóns

Tiempo de preparación: 40 minutos

Comensales: 4/5 persoas

Nivel: Medio

Unha das pezas máis demandadas do polo son os zancos pero, sempre os fas á prancha? Presentámosche un xeito diferente de os degustar.

Receita de Benigno Campos. Presentador e cociñeiro do programa “Larpeiros”.

Receita de Benigno Campos. Presentador e cociñeiro do programa “Larpeiros”.

Ingredientes

  • 12 zancos de polo de Curral
  • 350 gr de touciño
  • 500 gr de champiñóns
  • 10 patacas grandes
  • 1 botella de viño branco
  • 1 pemento verde
  • 1 pemento vermello
  • Tomiño moído
  • Sal

Preparación

1.Nunha cazola, a poder ser de barro, poremos o touciño cortado en dados. Sobre el, colocaremos os zancos e enriba os champiñóns.
2.Engadiremos as patacas peladas enteiras e cubrirémolas con tiras de pemento vermello e verde previamente cortado. Botaremos tamén sal e tomiño.
3.Agregaremos a botella de viño e poremos o forno a 180º graos durante 10 minutos.
4. Acto seguido introduciremos a cazola no forno ata que empece a ferver e estea ben asado.