Receitas Coren
Tiempo de preparación: 25 minutos
Comensales: 4 persoas
Nivel: fácil
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1.O primeiro será cortar as verduras: a cabaciña e a berenxena en anacos, a cebola en xuliana e o pemento vermello en tiras. Os espárragos quedan enteiros.
2.Botaráselle sal e pementa ao gusto ás costeletas de pavo e rebozaranse mollándoas primeiro no ovo e despois no pan raiado. Pódese substituír o pan raiado por algunha clase de fariña: trigo, millo, etc.
3.Se se ten unha prancha para as verduras, mellor. Porase a prancha a quecer e pasaráselle un anaco de papel mollado cun pouco de aceite antes de pór as verduras a facer.
4. Ao mesmo tempo, nunha tixola cun chorro de aceite, fritiranse as costeletas de pavo ata que estean pasadas.