Receitas Coren

Pularda trufada rechea

Tiempo de preparación: 150 minutos

Comensales: 6 persoas

Nivel: medio

A pularda é unha ave tenra e zumenta e se a enches cunha deliciosa gornición coma esta, o resultado será espectacular.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 Pularda do Convento de Coren
  • 120 gr tiras de touciño
  • 6 salchichas de porco pequenas
  • 3 culleradas sopeiras de piñóns
  • 12 dátiles sen oso
  • 1/2 limón
  • 2 trufas
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa en grao para moer
  • Finas herbas
  • 200 ml de brandy de Xerez

Preparación

1.Comezarase por limpar ben os restos de plumas da pularda; facéndoo especialmente en profundidade na cavidade que imos encher.

2.Unha vez que estea limpa, untarase con aceite de oliva, sazonarase ao gusto por dentro e por fóra e meteranse dentro as salchichas, o touciño, os piñóns e os dátiles (todo previamente cortado en anacos moi pequenos).

3.A continuación lavarase o medio limón e taparase o orificio da pularda con escarvadentes.

4.Nunha rustideira de forno, porase a pularda e, mediante pequenas incisións, introduciranse anacos finos de trufa, engadirase sal e pementa ao gusto e rematarase coas finas herbas.

5.Colocarase a rustideira nunha bandexa de forno e introducirase a pularda co forno previamente quente a 170-180º. Cando se empece a facer pola parte superior, agregarase o brandy.

6.O proceso é lento xa que debe quedar zumenta e ben asada a carne por dentro. Aproximadamente tardarase dúas horas.

7.Durante este tempo, seguirase regando cos zumes da rustideira e daráselle a volta á pularda á metade do asado.

8.Unha vez asada, sacaranse os escarvadentes e o limón, colocarase a pularda nunha fonte e verterase o zume nunha salseira.

Presentacion

Pódese servir enteira ou cortala en filetes cunha chisca de salsa enriba acompañándoa cunhas patacas asadas sen pel.