Coren é unha cooperativa e, como tal, asume os valores cooperativos de equidade, a colaboración, a responsabilidade social e o compromiso cos demais.
Os principais compromisos da Política de Responsabilidade Social do Grupo Coren son:
Responsabilidade e honestidade guían a nosa relación con todos os involucrados na actividade do Grupo Coren, incluídos clientes e provedores.
Como cooperativa, outorgamos a cada un dos nosos socios un papel destacado coa premisa de que as persoas prevalecen sobre o capital. Promovemos o concepto de unión e integración no que os socios e empregados forman a “gran familia Coren”.
Garantimos a saúde e a seguridade de todos os traballadores fomentando un entorno laboral estable e promovendo a igualdade e a conciliación da vida laboral e persoal. Tamén promovemos programas de formación continua e mantemos unha comunicación fluída con todo o equipo humano da cooperativa.
Temos un compromiso cos nosos clientes e consumidores como resposta á confianza depositada en nós. Por iso, mantemos unha permanente orientación de mercado para atender as demandas dos clientes, mesmo anticipándonos a elas. E facémolo desde a premisa irrenunciable de ofrecermos alimentos da máxima calidade e seguridade alimentaria..
Dende as súas orixes, hai xa máis de 60 anos, o Grupo Coren amosou o seu compromiso continuo co campo galego. Fiel aos seus principios de compatibilizar a actividade agrogandeira co máximo coidado da contorna, a cooperativa presidida por Manuel Gómez-Franqueira aposta por un modelo de traballo responsable baseado en prácticas ambientais sostibles e respectuosas co medio.
O compromiso de Coren co campo materializouse en iniciativas como o impulso das producións campeiras e ecolóxicas, criadas con saída libre ao campo. A cooperativa é pioneira na produción de Polo de Curral, que medra nos campos galegos, nos que dispón dunha superficie mínima dun metro cadrado por animal. Ademais, toda a súa produción de ovos é campeira, é dicir, procede de galiñas criadas ao aire libre, onde dispoñen dunha superficie de catro metros cadrados por ave.
Así mesmo,Coren leva anos contribuíndo á recuperación dos soutos coa súa gama O de Castañas. Con este innovador proxecto, a cooperativa recuperou a tradición galega de alimentar os porcos con este froito, polo que se converteu nun importante demandante de castañas para a alimentación dos seus animais, ademais de impulsar plantacións propias de castiñeiros nas súas granxas.
Estas iniciativas permitiron poñer en valor terreos agrarios e evitar o seu abandono, contribuíndo do mesmo xeito a fixar poboación no rural.
A cooperativa promove o aproveitamento, a reutilización e a optimización dos recursos, con medidas que permiten a transformación de residuos en enerxía limpa e sostible. Exemplo diso é a Planta de Enerxía Renovable para o tratamento de biomasa gandeira, situada no recinto do Centro de Procesado Avícola de Coren en Santa Cruz de Arrabaldo. Pola súa banda, as granxas contan con modernos sistemas de xestión de residuos, como instalacións de biomasa, inxectores de xurros ou a implantación dun sistema de ultracentrifugación portátil.
Por outra parte, o modelo de produción de Coren tamén promove un uso eficiente dos recursos naturais (como a auga) mediante a automatización dos equipos e o software de xestión das súas explotacións, así como a incorporación das últimas tecnoloxías de depuración para devolver a auga utilizada ao medio con óptimos parámetros de calidade. Ademais, impulsa a reciclaxe, a redución do uso de plásticos nos seus envases e o emprego de materiais reciclados.
O Grupo Coren iniciou hai anos a súa transición cara a fontes de enerxía limpas mediante unha continua modernización dos seus sistemas enerxéticos e potenciando as enerxías renovables co obxectivo de desenvolver unha actividade sostible e reducir a pegada de carbono.
Así, as granxas da cooperativa contan con instalacións de enerxía fotovoltaica e biomasa, ademais de potenciar a xeotermia e a puritermia. Nas industrias tamén leva anos traballando para substituír os combustibles fósiles por outras fontes renovables, ademais de promover sempre os sistemas máis eficientes en cada ámbito.
A preocupación de Coren por unha produción respectuosa reflíctese nos proxectos de I+D+i que desenvolve a cooperativa. Exemplo diso é a posta en marcha dunha Unidade Mixta de Investigación (UMI) na que Coren, como empresa tractora do sector, colabora coa Universidade de Vigo e coa empresa Sertogal co fin de abordar os principais retos da avicultura, entre os que se inclúe a investigación para promover a economía circular, a eficiencia enerxética e as tecnoloxías dixitais avanzadas en toda a cadea produtiva.
A aposta de Coren por unha actividade agrogandeira sostible e respectuosa coa contorna reflíctese nun investimento constante por parte da cooperativa para reforzar a sustentabilidade da súa actividade, en liña cos principios do Acordo do Clima de París e o Pacto polo Clima das Nacións Unidas. Isto tradúcese no cumprimento da lexislación ambiental en todas as fases da actividade produtiva, impulsando de forma continua novas liñas de actuación relacionadas coa protección da contorna e coa redución da pegada de carbono.