GALLEGA DE ALIMENTACIÓN.

Centro de Procesado Avícola.

En Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), atópase o noso Centro de Procesado Avícola (CPA), onde se sitúan tamén as oficinas centrais do grupo. No recinto traballan máis de 1.000 persoas. O complexo ten 50.000 metros cadrados de superficie cuberta e é pola súa magnitude, vangardismo e tecnoloxía punta un dos máis avanzados da Unión Europea. No CPA canalízase toda a produción avícola proveniente das súas granxas así como a maioría dos produtos elaborados e é tamén a sede de Gallega de Alimentación S.A (GALSA), sociedade que comercializa a gama de produtos avícolas para as diferentes canles de distribución. Hoxe en día, a través de Galsa e das súas sociedades e distribuidores, o Grupo Coren está presente en todos os mercados nacionais e internacionais. Ten delegacións propias en Ourense, A Coruña, Vigo, León, Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia.

industrias
industrias
industrias
industrias

Contacta connosco

Queres que falemos?