Frigolouro é o centro de procesamento de carne onde Coren canaliza toda a produción de porcino proveniente das súas granxas e onde traballan máis de 700 persoas. Nestas instalacións, tamén está situada a fábrica de conservas onde se elaboran máis de medio cento de referencias en distintos formatos. Detrás de cada envase hai sempre un exhaustivo proceso de selección dos mellores ingredientes e estritos controis de calidade que permiten garantir a excelencia destes produtos. Cunhas producións de máis de 40 millóns de quilos de porcino, 1.800.000 quilos de xamóns e máis de 7 millóns de quilos de conservas, podemos afirmar que contamos cunha materia prima excelente que nos permite seguir innovando día tras día e elaborando produtos adaptados aos hábitos cambiantes da sociedade.
Queres que falemos?