Receitas Coren
Tiempo de preparación: 25 minutos
Comensales: 4 personas
Nivel: fácil
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1.En primeiro lugar, para lle sacar o máximo partido a esta receita, recomendámosche sacar os costeletóns do frigorífico entre 2 e 3 horas antes de os cociñar. Deste xeito, poderás apreciar mellor a graxa tan especial que ten esta carne e ademais verás que a carne se fai máis grande a medida que pasan as horas.
2.Corta a carne transversalmente en filetes de medio centímetro.
3.Pon a quecer unha prancha ou unha tixola plana a lume alto e cociña os costeletóns volta e volta, só para selar a carne e para que tome algo de cor. Debe quedar un pouco crúa por dentro.
4.Unta a pedra cun pouco de pingo ou coa graxa do propio costeletón (se a ten).
5.Cada comensal pode ir cociñando a carne ao seu gusto e engadir o sal e a pementa que desexe.
Presentacion
Pódense acompañar os costeletóns cunha ensalada vexetal ou cunhas patacas panadeiras.