Receitas Coren
Tiempo de preparación: 45 minutos
Comensales: 4 persoas
Nivel: medio
Receita elaborada polo equipo de Coren
Preparación
1. Cortaremos a carne en anacos para guisar e, nun morteiro, machucaremos allo, pirixel e sal para adobar a carne.
2. Nunha cazola, poremos o fondo de aceite, incluiremos a cebola (previamente picada) e cando esta estea transparente, engadiremos a carne.
3. Refogarémola ata que colla cor e, a continuación, porémoslle o tomate pelado e picado.
4. Deixaremos que se faga todo durante 5 minutos e acto seguido agregaremos os níscaros, o viño branco e o caldo.
5. Con 20 minutos máis de coccións, estará preparado para degustar.
Presentacion
Podemos servir o guiso nunha fonte alongada e acompañalo dun arroz fervido ou unhas verduras.