Receitas Coren
Tiempo de preparación: 15 minutos
Comensales: 3 persoas
Nivel: baixo
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1.O primeiro que che recomendamos é sacar a carne da neveira dúas horas antes de a cociñar para que estea tépeda.
2.Unha vez que estea a temperatura ambiente, hai dúas opcións: cociñar a peza enteira ou en filetes. Neste caso nós ímola filetear para que cada comensal poida coller a súa ración e cociñala na pedra ao gusto.
3.Para quentar a pedra no forno, o mellor é introducira cando o forno empece a coller temperatura e deixala arredor de 50 minutos. Débese pór o forno á máxima temperatura. Recoméndase optar por unha pedra que teña asas para que sexa máis cómodo sacala do forno.
4.Cando a pedra chegue á súa temperatura ideal (250ª aproximadamente), pódese untar a pedra por riba cun anaco de graxa. Normalmente o solombo non contén moita graxa, polo que se lle pode pedir ao carniceiro que aparte un anaco de graxa doutra peza, do costeletón por exemplo.
5.O tempo de cociñado na pedra dependerá do gusto de cada un, aínda que se aconsella que non estea moi pasada para que non perda o sabor.
6.Unha vez que se saque a carne da pedra, pódeselle botar un chisco de sal en escamas para lle dar un toque delicioso.
Presentacion
Pódese acompañar a carne dunha morea de prebes (cabrales, roquefort, pementa verde...). Porén, para que teña todo o seu sabor, é recomendable tomala ao natural, acompañada dunha ensalada de tomate ou unhas chips.