Receitas Coren
Tiempo de preparación: 30 minutos
Comensales: 4 persoas
Nivel: medio
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1.Comezarase por pór a ferver auga nunha pota e engadiranse os ovos para os deixar cocer durante uns 7 minutos. Pasado este tempo, pasaranse por auga fría e deixaranse arrefriar. Unha vez fríos, pelaranse e reservaranse.
2. Nunha cunca, porase a carne picada, un chisco de sal, pementa negra moída e un pouco de allo en po e mesturarase todo coa axuda dun garfo.
3. Dividirase a masa de carne en 4 porcións e colocarase cada unha entre 2 anacos de film transparente, estendéndoo cun rolete como se fose para facer unha hamburguesa, pero máis fina. Unha vez feitas todas, retiraranse os films.
4. Prepararanse 3 cuncas: unha con fariña, outra con ovo batido e unha terceira con pan relado.
5.Pasarase cada ovo por fariña, colocando despois o ovo sobre a lámina de carne e dobrando os bordos ata formar unha esfera. Debemos conseguir que a carne cubra a totalidade do ovo cocido ata que xa non se vexa a clara por ningures.
6.Pasarase cada un por un pouco de fariña, ovo batido e unha capa fina de pan relado.
7. Botarase aceite nun cazo que sexa un pouco alto e que teña pouco diámetro para que ao fritir os ovos estean mergullados. Fritiranse un e un, controlando a temperatura para evitar que se queimen por fóra e que queden crus por dentro.
8.Retiraranse os ovos a un prato con papel absorbente para lles quitar o exceso de aceite.
Presentacion
Pódense acompañar cunha ensalada común, de cóengos ou rúcula con tomate e aceite de oliva.