Receitas Coren
Tiempo de preparación: 30 minutos
Comensales: 4 persoas
Nivel: fácil
Receita elaborada polo equipo de Coren
Preparación
1. O primeiro que faremos será pelar as patacas. Podemos cortalas en rodiñas finas (patacas panadeiras) ou en tiras como as clásicas patacas fritidas. Unha vez cortadas, lavarémolas ben e secarémolas cun papel absorbente para que estean secas á hora de as fritir.
2. Poremos unha tixola no lume con abundante aceite a temperatura alta. Cando estea quente, incorporaremos as patacas baixando o lume e deixando que se fritan arredor de 15 minutos.
3. Unha vez que as patacas estean crocantes, retirarémolas cunha espumadeira e reservarémolas nun prato.
4. Retirando un pouco de aceite, cascaremos os ovos un por un e fritirémolos sen deixar que se cociñen demasiado para que a xema quede líquida.
5. Cando teñamos todos os ovos listos, baixaremos o lume, quitaremos o aceite da tixola e botaremos as patacas primeiro e a seguir os ovos sen que escachen.
6. Como toque final, cortaremos o xamón en anacos e porémolos por riba.
Presentacion
Podes presentar os ovos na propia tixola para que manteñan o calor.
Agora só che falta cortalos en anacos para que a xema impregne os demais ingredientes e engadir unha pinga de sal a todo.