Receitas Coren

Pularda do convento asada

Tiempo de preparación: 150 minutos

Comensales: 11 persoas

Nivel: intermedio

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 pularda do Convento (3,2 Kg aprox.)
  • 50 ml de coñac
  • 75 ml de viño branco
  • 1 vaso de auga
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa negra
  • 3 allos
  • 2 culleradas de vinagre

Preparación

1.Comezarase limpando a pularda de posibles restos de plumas, se é que queda algunha. Normalmente veñen perfectamente limpas, pero non está demais ver se queda algunha pluma.

2.O seguinte que se fará é cargar unha xiringa con coñac e inxectala na pularda, sempre picando un pouco máis nas peitugas, xa que é a parte que adoita quedar máis seca.

3.Unha vez que a pularda teña o coñac inxectado, botaráselle sal e pementa ao gusto por dentro e por fóra.

4.Porase a prequecer o forno a 150º durante 15 minutos. Unha vez que estea listo, engadirase o aceite de oliva virxe extra (un chorro), a metade do viño branco, un vaso de auga, os dentes de allo e a pularda. Aínda que pareza moito líquido, deste xeito conseguirase que o forno teña a humidade suficiente para que a pularda non quede seca. Se che gusta o sabor, pódeslle engadir tamén unhas follas de loureiro.

5.Deixarase que se faga no forno arredor de 2 horas a unha temperatura de 180º, regándoa co viño restante cada 30 minutos para conseguir que quede zumento e que a pel non se queime.

6.Unha vez que estea todo preparado, deixarase a pularda no forno xa apagado e verterase o caldo nunha salseira.

Presentacion

Pódese acompañar a pularda con algunha gornición como unhas verduras ao vapor ou unha escarola. Ademais, se che gustan as patacas asadas, a mestura será perfecta.