Receitas Coren

Peituga de pavo con recheo de foie e espinacas

Tiempo de preparación: 70 minutos

Comensales: 4/5 persoas

Nivel: medio

Avanzamos no noso receitario de Nadal. Presentámosche unha deliciosa receita de pavo cun recheo que non deixará ninguén indiferente.

Ingredientes

  • 1 kg de peituga de pavo
  • 1/2 litro de viño branco
  • 1/4 de vaso de licor ou brandy
  • ½ vaso de caldo de polo
  • 100 g de foie
  • 10 ceboliñas francesas
  • 1 allo
  • 200 g de espinacas baby
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Ourego
  • Sal

Preparación

1.Inxectaranse as peitugas co licor ou o brandy a noite anterior para deixar que colla ben todo o líquido.

2.Antes de comezar a lle botar sal e pementa ao pavo, deixarase fóra da neveira para que repouse entre 15-30 minutos mentres se prepara o recheo.

3.Pelarase e picarase a cebola nunha tixola con dúas culleradas de aceite e deixarase sofritir. Cando estea dourada, engadirase o allo e as espinacas e botaráselle sal e pementa ao gusto cociñando todo uns 4-5 minutos.

4.Retirarase do lume e mesturarase o foie para que todo se homoxeneice correctamente, gardando todo nunha cunca e engadindo un pouco de ourego.

5.Porase a prequecer o forno a 180º. Entrementres, estenderase o pavo inseríndolle no centro a mestura de espinacas e foie.

6.Unha vez que a mestura estea estendida, envolverase cun fío de cociña, comezando por un dos extremos en diagonal ata chegar á fin.

7.Colocarase o pavo na bandexa do forno e botarase un chorro de aceite de oliva, sal ao gusto, pementa e a metade do viño branco.

8.Deixarase arredor de 35-40 minutos e incorporarase o que queda do viño branco e do caldo de polo na metade da cocción.

9.Unha vez listo, deixarase repousar 10-15 minutos e retiraráselle o fío antes de o servir na mesa.

Presentacion

Pódese presentar a peza enteira ou xa cortada coa salsa nunha salseira á parte. Coloca unhas grosellas na superficie do pavo e acompaña a receita cunhas patacas asadas.