Receitas Coren

Pularda do convento asada con patacas baby e uvas

Tiempo de preparación: 130 minutos

Comensales: 9 persoas

Nivel: intermedio

Disfruta de este plato estrella para o teu Nadal

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 pularda do convento
  • 1 limón
  • 100 ml de viño branco
  • 250 gramos de uvas
  • 1 ramiña de tomiño
  • 2 dentes de allo
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva virxe extra

Preparación

1.Comezarase limpando a pularda de posibles restos de plumas, se é que queda algunha. Normalmente veñen perfectamente limpas pero non está de máis comprobar se queda algunha pluma. Se for así, pódese eliminar cun soprete.

2.Porase a pularda nunha bandexa e botaráselle sal e pementa por dentro e por fóra. Partirase o limón en 3 anacos e introducirase na pularda cos allos e o tomiño e regarase o interior cun chorriño de aceite de oliva virxe extra.

3.Pelaranse as patacas baby e colocaranse nas beiras da bandexa engadindo un chorriño de aceite e un chisco de sal.

4.Introducirase a pularda no forno posto a prequecer previamente a 180º C. Terá que se asar durante 130 minutos aproximadamente, vixiando durante a cocción e regándoa cada 20 minutos cun chorro de viño branco.

5. Cando queden 3-4 minutos de cocción, sacarase do forno e engadiranse as uvas limpas. Non cómpre máis tempo, xa que os graos de uva poden estoupar.

6.Pódese aproveitar o zume do viño e da propia pularda para o empregar como caldo nunha salseira.