background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Capón asado con gornicións

Traémosche unha receita sinxela pero deliciosa para o Nadal: o noso capón de Coren asado e acompañado cunha sinxela gornición.

Preparación

    • Comezarase por limpar o capón para unha vez rematado botarlle sal e pementa ao gusto por dentro e por fóra.
    • Unha vez que estea limpo, atarase cun cordel para lle dar forma ao tempo que se prende o forno para que empece a quecer.
    • Porase o capón nunha bandexa de forno e botaráselle aceite de oliva por enriba. Deixarase arredor de 30 minutos a unha temperatura de 250º.
    • Cando pase este tempo, baixarase o forno a 150º e deixarase unha hora máis.
    • Á metade da cocción, regarase o capón co viño do Porto e despois co caldo.
    • Unha vez finalizada a cocción, sacarase o capón e trincharase para ver se está correctamente asado. Se está listo, servirase nunha bandexa poñendo o zume da cocción nunha salseira.
      • GORNICIÓNS
        Que che parece acompañalo con algunha destas gornicións?

      • Tellas de queixo: sobre unha bandexa de forno con silicona, colocaranse pequenos montóns de queixo e aplanaranse. Meterase a bandexa no forno a 250ª ata que estea o queixo dourado. Cando estean listas, sacaranse do forno, daráselles forma de tella e deixaranse arrefriar.
      • Brócoli e pataca cocida.
      • Tomatiños confeitados: Nunha bandexa, cubriranse os tomatiños cherry con aceite de oliva e poráselles por enriba unhas ramiñas de tomiño. Meteranse no forno 30 minutos a 120º.

Presentación