A carne de porco alimentado con castañas Selecta constitúe un dos produtos referentes de Coren, que desde o primeiro momento do seu lanzamento ao mercado conquistou os consumidores, que valoran esta carne zumenta polo seu entrefebrado e o seu sabor especial, cun toque lixeiramente doce, grazas á alimentación con castañas.
A gama Selecta xorde en 2012 dun proxecto de I+D de Coren, que pretendía dar resposta á demanda dunha carne máis zumenta e saborosa, con ese sabor especial que lembramos das carnes de antes. E unha das claves dese sabor de antano era precisamente que os porcos se alimentaban con castañas galegas. Por iso, Coren recuperou a castaña para a alimentación dos porcos na súa gama Selecta.
A través do seu proxecto Selecta, Coren contribúe á sostibilidade do rural, xerando emprego directo para máis de 100 familias. Ademais, coa súa demanda de castaña, a cooperativa promove a conservación dos soutos galegos. Actualmente, Coren demanda 4,7 millóns de quilos de castaña para a súa produción Selecta, equivalentes a 160.000 árbores en 2.100 hectáreas de terreo.
A castaña que se destina á alimentación dos porcos Selecta procede integramente de Galicia. Coren recolle a castañas en tempada e despois pélanse, cócense e conxélanse co obxectivo de ter dispoñibilidade para alimentar os porcos durante todo o ano, mantendo intactas as súas propiedades nutricionais.
O xamón Selecta de Coren é o único do mundo de castañas galegas. Cúrase de modo artesanal e co agarimo dos mestres xamoneiros de Coren para obter o seu característico delicioso aroma, intenso entrefebrado e punto xusto de curación, sendo estas pezas artesanais exclusivas cun sabor que evoca a castaña e a tradición galega..
A procedencia de porcos de raza seleccionada criados co máximo benestar, e a alimentación a base de castañas galegas, contribúen a obter unhas carnes da máxima calidade, que se caracterizan polo seu entrefebrado graxo e, sobre todo, polo seu excelente sabor de antano, co toque lixeiramente doce que lle dá a castaña.
Referente dos nosos produtos curados, en particular para a preparación dos cocidos típicos de Galicia en outono e inverno. Elaboramos o noso Lacón Selecta de xeito tradicional, como sempre se fixo en Galicia, procedente de porcos seleccionados e alimentados con castañas galegas que lle garanten graxa infiltrada, fainos máis substanciosos e dálles un sabor especial. Este saber facer tradicional e a alimentación con castañas danlle ao produto unha textura e sabor tradicionais.
Nuestros nuevos envases mini de chorizo y salchichón de cerdo Selecta alimentado con castañas, son perfectos para meriendas o almuerzos para llevar. Con su formato de bolsillo, puedes disfrutar del delicioso sabor de estos dos productos de una manera práctica con toda la textura y sabor tradicional de nuestros productos Selecta.
Descobre os nosos produtos