O mellor sabor de sempre NATURAL DE GALICIA


As galiñas campeiras de Coren medran ao aire libre nos campos galegos, o mellor lugar para a cría de animais en liberdade. Alí corren libres polo campo e aliméntanse de xeito completamente natural a base de cereais da máxima calidade, fundamentalmente millo.

As nosas familias de granxeiros crían as súas galiñas de xeito tradicional, como sempre se fixo en Galicia. Ademais, en Coren fomos pioneiros na produción de ovos campeiros, hai xa máis de 25 anos. De feito, toda a nosa produción de ovos procede de galiñas que se crían en liberdade.

Así, obtéñense uns ovos cunha xema de cor intensa e co sabor delicioso de toda a vida. Por iso, os Ovos de Curral de Coren son o “Sabor Amarelo”.

As claves do “Sabor Amarelo”


  • As nosas galiñas críanse en liberdade. Medran felices no campo galego, onde se dan baños de area, corren, peteiran… Unha crianza totalmente libre de estrés.
  • A súa alimentación é 100 % vexetal, cun 70 % de cereais, dos que mínimo un 50 % é millo.
  • Gozan do máximo benestar animal, en parques cun espazo dispoñible de 4 m2 por ave, e reciben todos os coidados por parte dos nosos granxeiros.
  • As nosas granxas atópanse todas en Galicia, contribuíndo así a fixar poboación no campo, evitando o seu abandono e promovendo un desenvolvemento sostible e comprometido co medio ambiente.
A crianza tradicional e a alimentación con millo son claves para lograr uns ovos da mellor calidade como os Camperos de Coren, que se distinguen pola súa cor amarela intensa e polo seu sabor auténtico, o de toda a vida

Convidámosche a descubrir a nosa gama de Ovos de Corral

Descubre nuestros productos de Huevo de Corral

O AUTÉNTICO SABOR AMARELO

OVOS DE CORRAL COREN ½ DUCIA


A xema de cor intensa dos nosos ovos, só conséguese alimentando ás nosas galiñas con cereais, principalmente millo.

Crianza tradicional e alimentación 100% natural para lograr o mellor sabor de sempre.

Huevo campero cocido

Tu mejor aliado, en la cocina de tu negocio.


Trabajamos con formatos de producto para adaptarlos a tus necesidades, en este caso, nuestro huevos camperos cocidos en formato cubo con 70 unidades.

As nosas producións