Un pracer para os sentidos

Froito da tradición gandeira galega


Como resultado dunha tradición histórica baseada nun método de crianza que se foi transmitindo de xeración en xeración, enmarcado no entorno privilexiado dos campos de Galicia, obtemos a carne de Ternera Gallega.

Amparada baixo la IXP Ternera Gallega, recoñecida pola Unión Europea, destaca pola súa cor rosada, a súa asombrosa tenrura e polo seu sabor intenso e agradable, recoñecido polos padais máis exquisitos e esixentes.

Toda a carne procede de animais nacidos e criados en Galicia, que ofrece unhas condicións climáticas e os recursos naturais idóneos para o seu desenvolvemento. Ademais, todo o proceso produtivo ten lugar nesta rexión.

Trátase dunha carne emblemática a nivel nacional, cuxa fama traspasa fronteiras, sendo recoñecida tanto en España coma internacionalmente como unha das mellores carnes de vaca nova do mundo.

As claves de Ternera Gallega


  • Razas autóctonas galegas e os seus cruzamentos. Son animais que nacen, que se crían e sacrifican en Galicia, cunha coidada selección en orixe e un exhaustivo control.
  • Crianza en pequenas granxas por parte de familias de gandeiros, seguindo as pautas tradicionais de manexo e coidado no campo galego. Un saber facer que leva pasado de xeración en xeración ata os nosos días.
  • A alimentación baséase na lactación materna e, unha vez destetados, nas forraxes propias dos campos galegos e cereais seleccionados da máxima calidade, previamente controlados e autorizados. Ademais, no caso da Ternera Gallega Suprema, a lactación materna prolóngase ata os sete meses.
Froito dun método perfeccionado por xeracións de gandeiros durante séculos, o entorno privilexiado dos campos galegos e unha seleccionada alimentación, obtemos a carne da IXP Ternera Gallega. Máxima calidade, tenrura e sabor extraordinario que Coren selecciona e pon na túa mesa para que goces dun produto de fama internacional.

Descobre aquí a nosa gama de Tenreira Galega:

Descobre os nosos produtos de Tenreira Galega

Burguer meat de
Tenreira Galega


A tenreira é un alimento ideal para unha alimentación sa e equilibrada, apta para toda a familia.

É unha carne moi nutritiva cun elevado contido de proteína de alto valor biolóxico, que conta con todos os principais aminoácidos esenciais para o organismo. Ademais aporta minerais coma fósforo, magnesio e ferro. Tamén é moi rica en vitaminas do grupo B, sendo moi destacable a súa achega en vitamina B12.

Unha inxestión axeitada en combinación con outros grupos de alimentos supón un beneficio fisiolóxico para o ser humano e permítelle obter importantes micronutrientes.

Burguer meat de Ternera Gallega

Mini Burguer meat
de Tenreira Galega


Mini hamburguesas sen glute e sen lactosa elaboradas con carne certificada pola I.X.P. Ternera Gallega nun formato fácil de preparar e cociñar. Unha receita selecta e unha carne de orixe que é apreciada por todo tipo de público grazas ao seu sabor insuperable e á súa consistente textura cárnica. É un formato perfecto para preparar un aperitivo ou para combinar varios sabores sen ter que elixir só un.

O sabor de Galicia que gusta a todos!

Mini Burguer meat de Ternera Gallega

Entrecot de Ternera Gallega


El entrecot es una parte del lomo alto o lomo bajo; siendo una de las carnes más nobles y de categoría extra.

Este entrecot tiene el sello de Ternera Gallega suprema, que certifica la calidad de la carne, pero también su origen y procedencia (Galicia): animales criados en libertad y alimentados de manera natural.

Entrecot

As nosas producións