Receitas Coren
Tiempo de preparación: 80 minutos
Comensales: 4 persoas
Nivel: medio
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1.O primeiro que se fará será botarlle sal e pementa á carne e engadirlle unha pouca noz moscada.
2.Rebozaranse todas as pezas con fariña e fritiranse na tixola con aceite de oliva virxe extra ata que empecen a se dourar. Unha vez que estean feitas, apartaranse para un prato.
3.Pelarase e picarase a cenoria, a cebola e o allo en anacos pequenos e sofritirase no mesmo aceite da carne.
4.Cando a cebola comece a se pór dourada, engadirase o tomate pelado e unha chisca de romeiro e tomiño e deixarase facer a lume baixo durante 10 minutos.
5.Unha vez que o sofrito estea ao gusto, engadirase a carne, o vaso de viño tinto e o loureiro e subirase un pouco a temperatura para que evapore o alcol.
6.Como último paso, botarase o caldo da carne e deixarase cocer todo a lume medio durante 45 minutos.
Presentacion
Nun prato fondo, porase a carne coa gornición por riba xunto cunhas ramiñas de pirixel. Pódese acompañar cun arroz branco.