Receitas Coren
Tiempo de preparación: 80 minutos
Comensales: 3 persoas
Nivel: Fácil
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1.Comezarase por preparar a cebola confitada. Para tal fin, partirase a cebola á metade e cortarase en xuliana. É mellor escoller unha cebola doce xa que facilitará a caramelización.
2.Nunha tixola cunha cullerada de aceite de oliva, mesturarase a cebola co azucre moreno e deixarase facer a lume baixo, remexendo de cando en vez.
3.Cando a cebola comece a se pór un chisco brillante, poderase engadir o coñac. Se che gusta, tamén lle podes botar un chorriño de salsa de soia para lle dar un toque diferente. Cando estea ben pochada, apagarase o lume e reservarase a cebola caramelizada.
4.Agora é o tempo de enfornar os zancos. Acenderase o forno a 180º e, pasados 5 minutos, introduciranse os zancos na bandexa baixando a temperatura a 150º e deixando que se fagan arredor dunha hora.
5.Pasados 30 minutos, daráselles a volta regándoos cun chorriño de viño tinto.
6.Cando os zancos estean cociñados, apagarase o forno e botaráselles a cebola caramelizada por riba para que se impregnen ben coa salsa.
Presentacion
Pódese presentar o zanco de pato coa cebola caramelizada por riba e acompañalo dun puré de patacas como gornición.