Receitas Coren
Tiempo de preparación: 120 minutos
Comensales: 2/3 persoas
Nivel: medio
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1) Comezarase preparando o aliño nun morteiro: dentes de allo, un chorro de aceite, romeiro e sal machucando todo ata facer unha mestura uniforme.
2) O seguinte paso será confitar a presa, untando ben o aliño por toda a peza.
3) Porase a prequecer o forno a 150º. Pasados 10 minutos, introducirase a presa nunha bandexa cun chorro de aceite e deixarase que se cociñe entre 90 e 110 minutos a 120 graos. A media cocción, pódese abrir o forno para ver como está de temperatura e de cor.
4) Mentres se cociña, trituraranse os pistachos verdes nunha picadora ou nun morteiro. É importante quitarlle ben a pel para que se trituren correctamente.
5) Cando queden uns 20 minutos de forno, cocerase a quinoa nunha pota. Pódese escoller quinoa branca, vermella ou negra. Incluso se poden mesturar os tres tipos para lle dar un sabor diferente.
6) Unha vez que a presa estea cociñada, sacarase do forno para a rebozar nos pistachos previamente triturados.
Presentacion
Nun prato de lousa, colocarase a quinoa como fondo e por riba porase a presa confitada. Pódese acompañar o prato con algunha verdura fervida a maiores.