Receitas Coren

Lasaña de carne de porco Selecta

Tiempo de preparación: 80 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: medio

A lasaña é un dos pratos de pasta preferidos, ademais de ser unha receita sinxela e moi completa. Sigue estes pasos e conseguirás un prato delicioso.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 500 gramos de carne de porco Selecta
  • 5 tomates naturais
  • 2 cebolas
  • 2 dentes de allo
  • 1 pemento verde
  • 2 cenorias
  • 1/2 cullerada de pemento doce
  • 1/2 cullerada de azucre
  • Sal
  • Pementa negra
  • 1/2 vaso de viño branco
  • 100 ml de aceite de oliva
  • Queixo parmesano
  • 12 láminas de lasaña integrais

Preparación

1.Para esta receita recomendamos ter feita a salsa de tomate caseira previamente. É ben sinxelo: pór a quecer un chorriño de aceite nunha pota e engadir a cebola e o allo picados finalmente. Cando a cebola estea transparente, engadiranse os tomates pelados previamente e deixarase cociñar arredor de 20 minutos. Cando case estea lista, pódese botar media cullerada de pemento doce, media de azucre (se che sabe aceda) e algunha especia ao gusto (tomiño, romeiro, albaca..). Unha vez que a salsa estea feita, reservarase e deixarase arrefriar.

2.Quentarase a auga nun cazolo grande e, unha vez que empece a ferver, introduciranse as láminas de lasaña unha a unha para que non se peguen.

3.O seguinte paso será cortar as verduras en anaquiños pequenos (a cebola, o allo, o pemento verde e a cenoria) e sofritilas nunha tixola. Primeiro a cebola e o allo ata que se douren e despois botarase o resto e deixarase arredor de 15 minutos.

4.Unha vez que se teña o sofrito, engadirase a carne xunto coa pementa negra e unha chisca de sal ata que se vexa que a carne vai cambiando de cor e está suficientemente cociñada.

5.Cando a carne estea lista, engadirase medio vaso de viño branco (esperando uns 4 minutos a que reduza) e a salsa de tomate (deixando medio vaso). Mesturarase todo e retirarase do lume pasados outros 4 minutos.

6.Para montar a lasaña, botaranse no fondo e por riba das láminas unhas culleradas da salsa de tomate restante e engadirase entre lámina e lámina unha capa da mestura da carne ata obter varios pisos.

Por último, relarase o queixo parmesano por riba e enfornarase a lasaña nunha bandexa durante 12 minutos a 190º coa opción do gratinador posta.