Receitas Coren

Lombo Selecta con salsa de froitos vermellos e puré de pataca

Tiempo de preparación: 25 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: medio

Queres sorprender os teus invitados con esta presentación? Aquí tes a explicación desta receita de lombo Selecta con deliciosos froitos vermellos.

Receta elaborada por el equipo Coren

Ingredientes

  • 1 kg de lombo Selecta
  • 160 g de amorodos
  • 120 g de moras vermellas
  • 1 vaso de zume de laranxa
  • Vinagre de Módena
  • 1/2 cullerada de maicena
  • 1/2 cullerada de azucre moreno
  • 1/2 cullerada de manteiga
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Allo
  • Sal
  • Pementa negra

Preparación

1. O primeiro será cortar o lombo Selecta en medallóns de aproximadamente dous dedos de grosor, botarlles sal e pementa por ambos lados e reservalos.

2.Agora é momento de preparar a salsa de froitos vermellos, para o que se porá unha tixola no lume con media cullerada de manteiga. Unha vez que estea quente, engadiranse os froitos vermellos (previamente lavados) e saltearanse durante un par de minutos.

3. Unha vez que estean salteados, engadirase o zume de laranxa, o azucre, o sal, a pementa negra, o allo machucado, o vinagre de Módena e a cullerada de maicena disolta nun pouco de auga e daráselle voltas a todo ata que espese.

4.Entrementres, nunha tixola prancha cun chorriño de aceite dourarase o lombo a lume non moi alto para que se faga por dentro e non se queime por fóra.

Presentacion

Nun prato chan, colocaranse os medallóns ou os filetes de lombo botándolle o prebe de froitos vermellos por riba. Se se quere, pódese acompañar tamén con algún dos froitos que quedaran enteiros. Pódese incluír unha gornición de puré de patacas.