Receitas Coren
Tiempo de preparación: 30 minutos
Comensales: 4 persoas
Nivel: medio
Receita elaborada polo equipo de Coren
Preparación
1. O primeiro que faremos será cortar a carne Selecta en filetes finos.
2. Acto seguido sazonarémolos e reservarémolos.
3. Nunha tixola, poremos aceite e cando estea quente sofritiremos a cebola e o allo previamente picados.
4. Cando a cebola estea ben pasada, engadiremos o vermú e o vaso de caldo e deixaremos que reduza para espesar todo coa fariña diluída nun pouco de caldo.
5. Nunha prancha ou tixola ben quente e untada con aceite, pasaremos os filetes arredor dun minuto e medio por cada lado.
Presentacion
Podemos colocar a nosa receita nunha fonte alongada servindo a salsa primeiro e centrando o segredo cunha folla de romeu para lle dar o toque final.
Podemos acompañar o noso segredo cun puré de pataca ou mazá.
Obteremos unha receita deliciosa, sinxela e rápida de preparar.