background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Lacón Selecta con grelos

Preparación

    • O primeiro que faremos será poñer a desalgar o lacón enteiro sen a pata durante 72 horas, cambiándolle a auga cada 12 horas.
    • Unha vez desalgada a carne (á hora de facer un prato coma este temos que prever este proceso previo), limparemos o lacón e porémolo a cocer nunha pota con auga que o cubra.
    • Ás 2 horas, retiraremos o lacón e utilizaremos ese mesmo caldo para cocer as patacas e os chourizos.
    • 10 minutos antes de que estean as patacas cocidas, engadiremos os grelos moi ben lavados e cortados previamente en anacos.
    • Cando todo estea cocido, engadiremos o lacón 3 ou 4 minutos para lle dar o toque final de temperatura.

Presentación

Emprataremos por unha banda os grelos, as patacas e os chourizos e noutra fonte, cortaremos o lacón ao noso gusto.