Receitas Coren

Peituga de pavo guisada con minestra de verduras

Tiempo de preparación: 30 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: fácil

A carne de pavo é deliciosa e máis cando se acompaña dun rico sofrito e unha minestra de verduras.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 500g de peituga de pavo
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  • 200g de feixóns
  • 100g de chícharos
  • Aceite de oliva
  • Sal

Preparación

1.Comezarase por cortar as verduras para pólas inmediatamente a ferver nunha ola a presión durante 10 minutos.

2.Entrementres, separaranse as peitugas de pavo, botaráselles sal e pementa negra e douraranse nunha pota con 3 culleradas de aceite.

3.Paralelamente, nunha tixola pequena, farase un sofrito coa cebola e uns taquiños de pemento vermello e engadirase na pota na que están as peitugas con medio vasiño de auga. Deixarase cocer todo arredor de 5 minutos e para rematar, engadirase a minestra de verduras e daráselle unha última fervura de 2 minutos aproximadamente.

Presentacion

Nun prato chan, porase unha das peitugas en anacos co sofrito enriba e a minestra nunha beira. Pódese engadir algunha herba aromática para decorar o prato.