background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Costeleta de pavo rebozada con grellada de verduras

A costeleta de pavo é deliciosa e máis cando se acompaña dunha deliciosa gornición de verduras.

Preparación

    • O primeiro será cortar as verduras: a cabaciña e a berenxena en anacos, a cebola en xuliana e o pemento vermello en tiras. Os espárragos quedan enteiros.
    • Botaráselle sal e pementa ao gusto ás costeletas de pavo e rebozaranse mollándoas primeiro no ovo e despois no pan raiado. Pódese substituír o pan raiado por algunha clase de fariña: trigo, millo, etc.
    • Se se ten unha prancha para as verduras, mellor. Porase a prancha a quecer e pasaráselle un anaco de papel mollado cun pouco de aceite antes de pór as verduras a facer.
    • Ao mesmo tempo, nunha tixola cun chorro de aceite, fritiranse as costeletas de pavo ata que estean pasadas.

Presentación