Receitas Coren
Tiempo de preparación: 80 minutos
Comensales: 3 persoas
Nivel: fácil
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1. Porase o forno a quecer a 180º mentres se sazonan os xamonciños de pavo. Pódense sazonar con allo e pirixel, esmagándoos previamente nun morteiro.
2. Unha vez que estean listos, botaranse un par de culleradas na bandexa do forno e colocaranse os zancos para asar durante 45 minutos aproximadamente, baixando o lume a 150-160º. Se che gusta, podes facer unha cama de cebola antes de pór os xamonciños. Daralle un toque saboroso e substancioso.
3. Nunha pota, porase auga a ferver e picaranse as verduras como máis guste, neste caso, en taquiños. Deixarase ferver o tempo necesario e mentres, pasaranse pola tixola os espárragos trigueiros, cortados tamén previamente.
Presentacion
Presentarase o xamonciño cun pouco da gornición de verduras nunha beira.