Receitas Coren
Tiempo de preparación: 90 minutos
Comensales: 3/4 persoas
Nivel: ácil
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1. Comezarase por facer o aderezo engadindo nunha cunca todas as especias ao gusto xunto co limón espremido, o allo, o pirixel e o aceite de oliva. Para un sabor máis intenso, recomendámosche que a teñas feita cunhas 5 ou 6 horas de antelación.
2.Cortaranse as peitugas en tacos pequenos e deixaranse macerar na mestura polo menos 1 hora.
3. Mentres se deixa o polo macerar, poderase comezar a picar as verduras. Recomendámosche que os pementos e a cebola os piques en anacos grandes que che permitan atravesar o palillo. A cabaciña pícaa en toros non moi grosos.
4. Unha vez que se teñan as verduras cortadas e o polo estea macerado, acenderase o forno a 170º e montaranse os espetos pondo alternativamente polo, pemento vermello, pemento verde e cabaciña. Remata os espetos sempre cun anaco de polo.
5. Nunha bandexa de forno introduciremos os espetos e deixaranse facer entre 25-30 minutos, deixándoos torrados e ben crocantes.
Presentacion
Coloca os espetos nunha bandexa e acompáñaos de algo fresquiño, como unha ensalada de cóengos ou de pasta.