Receitas Coren

Polo asado con mazá

Tiempo de preparación: 50 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: fácil

Traemos unha deliciosa receita de polo ao forno acompañado de mazás, un delicioso zume e verduras.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 polo de Curral
  • 2 cebolas
  • 5 mazás
  • 1 laranxa espremida
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa negra

Preparación

1.Comezarase por pelar as cebolas e as mazás. As cebolas picaranse en xuliana e as mazás en anacos. En canto, pódese prender o forno para que vaia quecendo uns 10 minutos.

2.Picarase o polo ao gusto e botaráselle sal e pementa antes de o pór nunha bandexa de forno e de lle botar por riba un chorro de aceite, o zume de laranxa, a cebola e os anacos de mazá.

3.Deixarase no forno a 200º arredor de 40 minutos, vixiando de cando en vez para que non se torre de máis.

4.Cando pasen 20 minutos, engadirase o viño branco e deixarase cociñar o tempo restante.

Presentacion

Nun prato chan, porase un anaco ou dous de polo xunto coa salsa, a cebola e un par de anacos de mazá. Pódese acompañar este prato dunha ensalada, verduras ou arroz salvaxe.