Receitas Coren

Zanco de polo de Curral glaseado de améndoas e salsa de Ribeiro

Tiempo de preparación: 90 minutos

Comensales: 4 personas

Nivel: medio

Toma nota desta saborosa receita de polo que só precisa dun pouco de tempo e uns deliciosos ingredientes.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 8 xamonciños de polo de Curral
  • Champiñóns frescos
  • 1 cebola
  • 2 cenorias
  • 4 rebandas de pan
  • 75 gr de améndoas
  • 1 vaso de viño do Ribeiro
  • Ourego
  • Tomiño
  • Allo
  • Pirixel
  • Aceite de oliva
  • Sal

Preparación

1.Recoméndase macerar o polo a véspera coas especias e o aceite de oliva e deixalo refrixerado no frigorífico.

2.Douraranse os xamonciños de polo nunha cazola durante 20/25 minutos. Unha vez feitos, apagarase o lume e deixaranse dentro para que conserven a calor.

3.Nunha pota non moi fonda, sofritirase o allo, a cebola e a cenoria (previamente picadas). Unha vez que estea todo dourado, engadiranse os xamonciños, o vaso de viño e estufarase todo durante uns 45 minutos a lume medio.

4.Mentres se fai o estufado, poranse un par de dentes de allo canda os champiñóns e as améndoas nunha tixola ata que a mestura estea ben torrada e, cando estea lista, retirarase a unha cunca.

5.Nese mesmo aceite, torraranse as rebandas de pan. Abondará cun par de minutos por cada lado.

6.Nun vaso de batedor, engadirase o sofrito (allo, champiñóns e a metade das améndoas), unha rebanda de pan torrado, a salsa de viño do estufado e as cenorias e triturarase todo ben.

Presentacion

Nun prato fondo, servirase a salsa enchendo o fondo coma se fose un caldo. A seguir, porase un zanco ou dous con algún anaco de améndoa e unha folla de tomiño por riba.