Receitas Coren

Polo de curral confeitado con ameixas e piñóns

Tiempo de preparación: 70 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: fácil

Deliciosa receita de polo confeitado cun lixeiro toque doce no padal.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 polo de Curral
  • 2 tomates maduros
  • 1 cebola
  • 4 dentes de allo
  • 10 ameixas pasas
  • 40g de piñóns
  • 50ml de viño doce
  • 50ml de brandy
  • 1 rama de canela
  • Sal
  • Aceite de oliva
  • Pementa negra

Preparación

1.Comezarase por cortar o polo en anacos e botarlle sal e pementa ao gusto e porase a cociñar nunha pota cun chorro de aceite durante media hora aproximadamente.

2.Paralelamente, picarase a cebola e o allo e poranse a dourar noutra pota ata que collan cor. Cando estea listo, engadirase o tomate picado e incorporaranse os anacos de polo xunto co brandy e o viño doce e deixarase ata que a mestura reduza.

3.Cando o viño estea reducido, engadirase medio vaso de auga morna e taparase a pota deixando que coza todo a lume baixo durante 25 minutos.

4. Cando falten 10 minutos, engadirase a canela en rama, as ameixas e os piñóns e deixarase rematar o tempo de cocción.

Presentacion

Pódese presentar o polo cun milfollas de pataca ou cuns pementos confeitados á beira do polo xunto cos piñóns e as ameixas.