Receitas Coren
Tiempo de preparación: 30 minutos
Comensales: 2 persoas
Nivel: fácil
Receita elaborada polo equipo
Preparación
1.Nunha cazola, coceremos o arroz a lume lento con 3 vasos de auga fervendo, un pouco de caldo de polo ou media pastilla de caldo concentrado e unha chisca de sal.
2.Mentres coce o arroz, picaremos a peituga en dados uniformes, botarémoslle sal e pementa negra se che gusta e rebozarémola cun pouco de fariña.
3.Poremos unha tixola cun chorro de aceite, botaremos a cebola previamente picada e, acto seguido, os dados de polo.
4.Cando o polo estea feito, flamexarémolo co brandy, engadiremos o viño e deixarémolo reducir.
5.Para finalizar, engadiremos o curry, a piña cortada en anacos pequenos e mais a nata e deixarémolo pochando a lume lento tres minutos aproximadamente.
Presentacion
Emprataremos pondo sobre unha cama de arroz o polo e a piña coa salsa enriba.