Receitas Coren
Tiempo de preparación: 20 minutos
Comensales: 2 persoas
Nivel: baixo
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1.Comezaremos cortando o polo en anacos o máis uniformes posible e non demasiado grandes; botaremos sal e pementa e rebozarémolos no pan raiado.
2.Nunha tixola, fritirémolos con aceite de oliva extra e reservarémolos.
3.Pelaremos e cortaremos a mazá e o queixo en cubiños e xa poderemos empratar.
Presentacion
Sobre a cama de leitugas, colocaremos a mazá e o queixo e salgaremos. Engadiremos o polo e aliñaremos con aceite, vinagre e unha chisca de sal. Tamén se pode aliñar cunha salsa de maionesa, mostaza ou zume de limón.