Receitas Coren
Tiempo de preparación: depende do grao de cocción
Comensales: 3/4 persoas
Nivel: medio
Receita de Benigno Campos. Presentador e cociñeiro do programa “Larpeiros”.
Preparación
1.O primeiro paso será cortar o polo en anacos en porcións do tamaño dun puño e adobalos con allo, pirixel e sal machucados previamente nun morteiro.
2.Pasaremos o polo por fariña e dourarémolo na tixola cun chorro abundante de aceite. Unha vez dourado, retirarémolo e reservarémolo nun prato.
3.Nese mesmo aceite poremos a cebola e o porro picados e o tomate.
4.Cando a cebola estea transparente, engadiremos de novo o polo, a améndoa triturada e o piñón machucado.
5.Incluiremos o caldo e o vaso de viño branco e deixaremos cocer todo a lume lento co ovo cocido picado.
Presentacion
Podemos servir o polo na mesma pota acompañado dunha cunca de arroz.