Receitas Coren
Tiempo de preparación: 40 minutos
Comensales: 2 persoas
Nivel: medio
Receita de Elena Boso Quintas do Restaurante Vila Real. Rúa Vila Real, Ourense.
Preparación
1) Elaboraremos un caldo de polo e manterémolo a lume suave e quente.
Podes deixalo preparado da noite anterior; é moi sinxelo: carcasa de polo, á, cebola, porro, cenoria, auga, viño branco, pirixel e unha chisca de sal.
Acórdate de sofritir primeiro as verduras, engadir o sal, acto seguido o polo, o viño e deixalo cocer todo con auga ata que o caldo estea no seu punto.
2)Nunha tixola, engadiremos a cebola previamente pelada e picada finamente ata que comece a dourarse para incorporar os cogomelos.
3) Refogaremos e incorporaremos os taquiños de peituga con sal e pementa ao gusto e deixaremos que se cociñe todo.
4) Incorporaremos o arroz e remexeremos ata que os graos se volvan transparentes.
5) Botaremos o vaso de viño branco e mesturaremos todo ben.
6) Pouco a pouco, incorporaremos o caldo de polo cun caciño e remexeremos constantemente para que o arroz desprenda o amidón que lle dá sabor e textura ao risotto. Farémolo durante uns 18/20 minutos ata que o arroz estea tenro.
7) Como toque final engadiremos un chorro de nata e unhas tres culleradas contundentes de parmesano raiado.
Presentacion
Podemos servir nun prato un pouco de risotto e decoralo con finas láminas de parmesano.
O resultado é espectacular!