background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Cebiche de polo de Curral e gambas

Se vos gusta probar receitas orixinais, animámosvos a que cociñedes este delicioso cebiche de polo de Curral.

Preparación

    • Comezaremos cortando as peitugas de polo en dados
    • Unha vez que estean cortadas, espremeremos as 4 limas e mesturaremos o polo co zume
    • Pelaremos as gambas e mesturarémolas con todo o anterior deixando repousar todo durante 2-3 horas
    • Pasado este tempo, picaremos os aguacates co resto das hortalizas (tomates, cebola, pemento vermello e pemento verde) e mesturaremos todo
    • Deixaremos macerar a mestura durante dúas horas, botarémoslle sal e pementa ao cebiche ao noso gusto e listo

Presentación

Ofrecémosvos dúas alternativas para unha boa presentación.

  • Podemos partir un tomate á metade, baleirar as dúas partes e enchelo coa mestura do cebiche.
  • Temos a opción de facer unha cama de follas de leituga cortadas en tiras finas e poñer o cebiche por riba delas. Que aproveite!