Receitas Coren

Fettuccine con polo de Curral en salsa Alfredo

Tiempo de preparación: 35 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: fácil

Plato completo e sabroso donde os haxa, pasta Alfredo con polo de Curral.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 400 g de pasta
  • 400 g de peituga de polo
  • Queixo parmesano
  • 40 g de margarina
  • 1/2 cebola
  • 300 ml de nata líquida
  • Pementa negra
  • Noz moscada
  • Sal

Preparación

1.Nunha tixola, porase a quecer a margarina a lume medio e, cando empece a derreter, engadirase a cebola ata que se doure e, a seguir, o polo (ambos previamente picados). Deixarase cociñar ata que a carne comece a se dourar, aproximadamente 10 minutos.

2. Paralelamente nunha pota, poranse a cocer os fettuccine en auga fervendo e sal. É importante seguir as instrucións de cocción xa que varían en función do tipo de pasta. Recoméndase facela "al dente".

3.Unha vez que o polo estea feito, engadirase a nata líquida e deixarase cocer todo a lume medio arredor de 10 minutos ata que vaia espesando. Despois botarase sal e pementa ao gusto e engadirase un chisco de noz moscada.

4. Verterase a salsa sobre a pasta e remexerase todo ben ata que o prebe impregne toda a pasta.

5. Por último, botarase queixo parmesano en po por riba para lle dar o último toque.

Presentacion

Pódense servir os fettuccine de polo con salsa Alfredo nunha fonte un pouco fonda e decorar cunhas ramas de pirixel.