Receitas Coren
Tiempo de preparación: 60 minutos
Comensales: 3/4 persoas
Nivel: medio
Receita elaborada polo equipo Coren
Preparación
1. O primeiro que faremos é botarlle sal e pementa ao noso polo de curral por dentro e por fóra. Introducirémoslle unha presada de herbas aromáticas ao gusto e colocarémolas no interior do polo para que non se queimen e para que ademais transmitan o seu sabor a toda a carne.
2.Para evitar que as herbas se saian bridaremos o polo e, antes de o introducir no forno, dourarémolo nunha tixola ampla cun chisco de aceite e manteiga; deste xeito, selaremos a peza para que non escapen os zumes e quede reseco. A manteiga daralle un brillo moi apetecible á hora de o presentar.
3. Deixaremos o polo nunha placa do forno e asarémolo a 180º uns 20 minutos.
4.Pasados eses 20 minutos, baixaremos o forno a 150º e introduciremos unha cabeza de allo cortada á metade co corte cara á placa. Deixarémolo outros 30 minutos máis.
5.Mentres se remata de asar o polo pelaremos e coceremos as charouvías e as cenorias; arrefriarémolas en auga con xeo para cortar a cocción e secaremos.
6.Cando o polo estea asado, é dicir, cando o piquemos e saia un zume rosado, case transparente, saltearemos a gornición nunha tixola a lume forte para que quede douradiña coma o polo e serviremos tamén cos allos asados.
Presentacion
E xa temos unha receita estupenda de polo asado cun toque diferente.